O concello oferta un curso de natación para maiores de 65 anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño anuncia o prazo de inscrición para un curso de natación para persoas maiores de 65 anos, para o ano 2022. As inscrición poden facerse no departamento de servizos sociais do concello a partir do 29  de novembro  ata cubrir prazas. A documentación que se precisa é o n.º de conta, un informe médico e o DNI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O prezo do curso son 15 euros mensuais e hai un total de 20 prazas. Serán dous días a semana dunha hora de duración cada sesión e realízase na piscina do Ximnasio Olympia.