Emilio González pide prudencia aos condutores ante as festas de Nadal e evitar o consumo de alcol e drogas ao volante

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, pediu prudencia aos condutores ante as festas de Nadal e evitar o consumo de alcol e outras drogas ao volante. Así o indicou durante a presentación da campaña de seguridade vial provincial “No Nadal, escolle!”, que invita aos condutores a elixir a maneira de volver á casa sans e salvos.

Emilio González apelou á responsabilidade dos condutores e lembrou que “en caso de consumir alcol ou outro tipo de drogas opten por desprazarse en taxi ou en transporte público para evitar accidentes”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sinalou que na provincia no ano 2021 se produciron nove sinistros mortais en estrada, aos que hai que sumar tres máis en vías urbanas, e 44 feridos graves. O xefe provincial da DXT insistiu na importancia de “non relaxarse ao volante”.