Ribadavia cambiará a LED as luminarias do concello e do paseo fluvial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A inicios do mes de xaneiro comezará a execución do Proxecto de Aforro e eficiencia enerxética do alumeado público do municipio de Ribadavia. Proxecto que finalmente ascenderá a máis de 890.000 euros e que conta cunha subvención do IDAE de 729.670 euros para a substitución das luminarias  LED de todo o concello,  estimase que o 58,44% do total.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O goberno municipal conseguiu ampliar o proxecto inicial, introducindo este novo proxecto de crear un paseo fluvial con farolas e luminarias, que posibilite o seu uso tamén en horario nocturno.

Este é o paseo peonil principal do municipio, e unha zona de gran uso por todos os veciños e veciñas que diariamente pasean e fan deporte.

Con este proxecto conseguirase unha maior e mellor uso, posibilitando que se use nunha maior franxa horaria, e ademais, con este proxecto conseguese que sexa a primeira fase da mellora integral desta zona.

Fases da instalación das luminarias no paseo do río Avia:

– desde a zona da Barca ata a ponte do ferrocarril (e zona do muíño da raíña).

– desde a ponte de San Francisco ata a Veronza.

– Veronza nova, actualmente un parque de moito uso que non dispón de luminarias, e que grazas a este proxecto conseguirase que se poida usar nunha maior franxa horaria.

– desde o campo do Xestal ata o campo de fútbol de San Cristovo.

O Concello asinou o contrato coa empresa que executará este proxecto, que comezará a inicios do ano e que está previsto que se remate no primeiro trimestre do ano 2022.

A alcaldesa de Ribadavia destaca a importancia deste proxecto, que se traducirá  nun  agorro económico e enerxetico e ademais a disminución de emisions.