O Carballiño mantén a tendencia á alza subindo 20 contaxios novos, ata os 387 casos activos

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 387 casos activos, 20 contaxios máis ca onte. Maside sobe ata os 60 casos, un mais ca onte. Boborás sobe un caso ata os 28 contaxios. San Cristovo de Cea sobe ós 26, un máis. San Amaro sobe ós 22, Punxín sobe ós 25 casos, e O Irixo sobe ós 14 casos, un máis. Piñor sobe un caso ata os sete e Beariz mantén cinco casos.

No Ribeiro, Ribadavia sobe 13 casos ata os 133 casos activos. Melón mantén os 35 contaxios. Leiro sobe tres casos ata os 20 casos. Castrelo de Miño e Cortegada manteñen 13 positivos. Avión baixa ós 12 casos. Arnoia mantén 11 casos, igual ca Carballeda de Avia. Cenlle mantén 7 casos e Beade mantén 6.

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 4.910 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un incremento. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 56.456, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 56 (+1) están en UCI e 298 (-20) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 683 contaxios novos, unha cifra que ascende notablemente, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 6.549 casos activos, un repunte notable. Os hospitais hoxe presentan 49 (-6) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (+2)  na UCI.