Ribadavia solicita á Deputación a brigada de obras e cooperación cos concellos.

Publicidade ASPADISI

Rúa Ribeiro e Rúa Veronza en Ribadavia e rúa Laxas en Francelos serían as intervencións máis urxentes nas que a Deputación debe cooperar.

O Concello de Ribadavia está traballando nun Plan de Obras para todo o ano 2022, xa que no comezo desta lexislatura houbo un déficit na planificación e execución de obras, atopándose as principais vías en mal estado.

O Concello ven de aprobar a solicitude de mellora destas rúas a través da colaboración da Deputación. A Xunta de Goberno acordou solicitar á Deputación Provincial a súa colaboración para o arranxo destas rúas a través da Brigada de obras e coa cooperación cos concellos da provincia.

Publicidade Premer na Imaxe

Ribadavia ten pendente nestes últimos anos a reparación e mellora destas rúas moi utilizadas:

– A Rúa Ribeiro, unha das arterias principais e céntricas de Ribadavia.

– A Rúa Veronza, acceso a principal zona verde do municipio e o acceso ao centro de saúde de Ribadavia e o PAC do Ribeiro.

Falamos de rúas moi importantes e moi transitadas.

– En Francelos, a rúa laxas, xusto na entrada da praza do Curceiriño atopase nun estado de enorme deterioro debido a que nos últimos anos ningún tipo de intervención se realizou.

Outras actuacións de cooperación do Concello coa Deputación:

– Autorización da CHMS para o Arrranxo da Ponte da Veronza.

Finalmente, a obra iniciarase no mes de xuño do actual ano, seguindo as indicacións da Confederación Hidrográfica Miño – Sil tal e como se recolle no seu informe sectorial, no cal autoriza a reforma e reconstrución da ponte medieval da Veronza supeditando dita autorización ao comezo do verán.

– Mellora do Pavillón Municipal de Ribadavia.

O Concello ademais, recórdalle á Deputación Provincial que fai meses que lle foi entregado o proxecto para a mellora do Pavillón de Deportes de Ribadavia.

Entre outras intervencións de mellora, desde o Concello pedimos a colaboración da institución provincial para o cambio e substitución da cancha deportiva deste pavillón, falamos dunha instalación que conta con numerosos usuarios, sendo unha das máis usadas da provincia xunto coas da capital provincial.

O PLAN OBRAS RECOLLERÁ ENTRE OUTRAS INTERVENCIÓNS, AS SEGUINTES:

Reparación rúa Veronza.

Rúa Ribeiro.

Tramo Rúa Laxas- Curceiriño, en Francelos.

Perímetro e aparcamento do Pavillón do Consello.

Santo André, rúa das Velas e continuación de Fondevila.