Deputacion e Inorde presentaron en Fitur “Terras que saben como estrelas” do xeodestino Manzaneda-Trevinca-Valdeorras

Publicidade ASPADISI


O xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras presentou hoxe na 42ª edición da Feira Internacional de Turismo, en Madrid, o seu novo claim “Terras que Saben”, unha acción
publicitaria que conxuga o saber do carácter histórico deste territorio co sabor da súa gastronomía. A presentación, “Terras que Saben a Estrelas”, tivo ao Observatorio Astronómico de Trevinca como proxecto motor, vinculado ao municipio da Veiga como Destino Starlight, é dicir, un dos mellores lugares do mundo para ver as estrelas. A presentación correu a cargo do presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e do alcalde da Veiga, Juan Anta.