A Deputación aproba máis de 460.000 euros en subvencións para emprendemento e cooperación cos concellos

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión a máis de 460.000 en subvencións para iniciativas de emprendemento e cooperación cos concellos. 

No marco do programa EmprendOU foron aprobadas cinco axudas para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. As achegas, cun importe máximo cada unha delas de 8.685 euros, teñen como beneficiarios a proxectos relacionados cos servizos de alimentación, hostalería e servizos sociais nos concellos de Maceda, Monterrei e Porqueira, así como dúas iniciativas máis no sector da construción na Veiga. 

HIPER MASIDE

En cooperación coas entidades locais, a Xunta de Goberno aprobou as seguintes axudas: 50.000 euros para a mellora da Casa do Concello de Allariz; 15.000 euros para a rehabilitación dun lavadoiro na localidade de Nocedo, en Os Blancos; 48.000 euros para a nova biblioteca municipal e aula infantil de Esgos; 40.000 euros para o local social de Lobios; case 58.000 euros para cofinanciar un proxecto de eficiencia enerxética do IDE en Manzaneda; 100.000 euros para a construción dun centro cultural en Piñor; preto de 30.000 euros para as beirarrúas de Sabariz, en Rairiz de Veiga; 48.000 euros para o arranxo do tellado da antiga escola de Freás de Eiras, en Ramirás; e 30.000 euros para o cofinanciamento, en colaboración coa Xunta, da continuación dun vial no polígono industrial As Pedreiras, no Concello da Rúa. 

Na orde do día tamén figuraba a fixación do prezo público para unha edición facsimil do libro de Valentín Lamas Carvajal El cancionero del Miño. Lendas y tradiciones de Ourense