Nota Informativa da Fruga sobre o prezo da leite

Leite: FRUGA entende que de acordo cos dados proporcionados polo Conselleiro
non pode haber contratos con prezos inferiores a 40 céntimos por litro.
Ningunha contrato que nos presenten as industria tería de baixar de 0,40 euro por
litro.

FRUGA entende que despois da xuntanza celebrada o
dia 9 na Consellería do Medio Rural, coa presencia do propio Conselleiro e
representantes das organizacións agrarias, os prezos do leite deben subir de forma
considerable.
Segundo palabras do propio Conselleiro do medio rural, reflectidas nos medios de
comunicación e reafirmadas na propia reunión, os custes de produción actualmente
están en torno os 0.40 euros litro, como consecuencia dunha importante suba dos custes
dos insumos que se deu o longo do ano 2021. Segundo o Conselleiro os custes de
produción no ano 2020, a partir dun estudo feito pola propia Consellería, estarían ao
redor de 36 céntimos e o incremento dos custes de produción ao longo do ano 2021 foi
de un 13%, o que dá como resultado que a comenzo deste ano 2022 os custes para
producir un litro de leite polas explotacións galegas se sitúen ao redor dos 40
céntimos.
Evidentemente e aceptando estes son os custes de produción, non se debería asinar
ningún contrato por debaixo deste prezo, do contrario estariamos incumprindo a Lei
da Cadea Alimentar, que di textualmente que fica obrigado cada operador da cadea
alimentar a “aboar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custe de
produción”, polo que en base a este abriga non se pode pagar por parte das empresas
recolledoras por debaixo do que nos custa producir un litro de leite.
Actualmente estanse a asinar contratos entre as industrias e o sector produtor, co cal
estes contratos non deberían estar por baixo dos 0,40 euros litro, do contrario
estariamos a vender a perdas, o cal significa que a parte de perder cartos estaría-se a
incumprir a lexislación vixente.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde a Federación Rural Galega, entendemos que tanto a Consellería como o propio
Ministerio de Agricultura, deben tomar cartas no asunto, e intentar que tódalas
explotacións leiteiras galegas acaden un prezo mínimo de entre os 0,39 e os 0,40 euros
litro.
As ofertas que a dia de hoxe nos están presentando as distintas industrias, están moi
lonxe deste prezo, co cal vai sendo hora que desde as administracións competentes, cos
seus respectivos órganos, como pode ser a AICA(Axencia de información e control
alimentario), interveñan e eviten que se asinen contratos por baixo destas
cantidades, tendo en conta ademais as declaracións feitas polo propio Conselleiro do
Medio Rural, tanto aos medios de comunicación como ás organizacións e entidades
representativas do sector produtor.