CIG Saúde ante a inminente venta dos centros da sanidade privada de Ourense ( C.M. El Carmen, CO.SA.GA, Cendisa e Scanner Ourense).

CIG Saúde Ourense quere denunciar públicamente o oscurantismo que rodea a venta dos Centros Sanitarios Privados de Ourense ( C. M. Carmen, CO.SA.GA, Cendisa, Scanner Ourense) ao grupo Recolectas.

O persoal destes centros descoñecen a qué nivel está a negociación e qué accións van a favorecer as direccións destes centros para esta venta.

AVANTAR ACTIVIDADES

A día de hoxe a posibilidade de regularización dos cadros de persoal con numerosos despidos son cada vez mais reais, sendo esta unha das posibles condicións que poña o grupo Recoletas xunto coa reducción do custo salarial.

Traballadores de estos centros denuncian recentes recortes nos seus salarios, cantidades importantes que lle permitan ter nóminas decentes. 

Ademais, en Centro Médico o Carmen xa con anterioridade se teñen denunciado ante a inspección accións de “abuso” ou posible “acoso laboral” por parte da Xerencia deste Centro Médico, algunha delas xa resoltas con apercibimentos á empresa.

CIG Saúde Ourense non descarta movilizacións para facer fronte a esta situación de indefensión que están a sufrir o persoal destes Centros