O C.D. Arenteiro creará unha sección de fútbol feminino

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe, día da muller, o Club Deportivo Arenteiro, anunciou unha novidade importante. Abre na súa escola inscricións, en todas as categorías, de equipos de fútbol feminino para darlle a oportunidade a todas as rapazas a practicar o fútbol.

Tamén crearon un equipo sénior, que contará coa súa propia dirección e corpo técnico.

OZOCOgz Deseño Galego

Os equipos da base competirían en liga galega nas súas respectivas categorías e o sénior sería LGF Segunda División, o cal é equivalente á 3ª Nacional Masculina.

Para as inscricións subirrán á súa páxina web (www.cdarenteiro.es) un pdf para cubrir e enviar ao correo do club (cdarenteiro@gmail.es).

CO)MUNICADO COMPLETO DO CLUB

O CLUB DA UN PASO AO FRENTE PARA QUE AS
RAPAZAS DA NOSA CONTORNA POIDAN PRACTICAR O
DEPORTE DO FUTBOL.

CD ARENTEIRO SERÁ UN INSTRUMENTO REAL PARA
CRECER EN VALORES DE IGUALDADE ENTRE HOMES
E MULLERES

A actual directiva de CD ARENTEIRO, dende que se puxo ao fente do
clube, ten a intención de ir dando pasos en prol de facer do noso clube que é
o mais representativo no mundo do deporte da nosa comarca e o de maior
representación no mundo do futbol da provincia nestes intres, a
transformación hacia un clube mais amplo en valores que a propia sociedade
require, principalmente no que concerne as bases do propio clube.
Toca dar un paso adiante para traballar nun proxecto INTERGRADOR
E EN PROL DA IGUALDADE REAL nun deporte tan importante como o
futbol e que gusta de participar tanto a menos como nenas, tanto a mulleres
como homes de calqueira edade.
Con ese fin, poñemos en coñecementos da nosa bisbarra a iniciativa
de que CD ARENTEIRO, pon en marcha a SECCION DE FUTBOL
FEMENINO, creando unha estructura incorporada ao noso clube, que facilite
a práctica deste deporte ás mulleres de distintas edades coa sana intención
de crear un equipo en cada unha das diferentes categorías de futbol base,
integrado totalmente por mulleres e que sexan o xermen do que será o
equipo senior femenino de CD ARENTEIRO, equipo senior femenino ao que
tamén se aspira poder crear xa para a próxima temporada.
CD ARENTEIRO, cando menos o vai tentar, polo que por empeño non
lle faltará e non se quedará atrás en proxectos que a fin e a postre, anime a
todas mulleres e homes a vestir a nosa camiseta polo que proxectos como
este e outros que estamos ultimando e que daremos a coñecer en breve,
serán os que con indepencia da categoría do equipo senior, fará a CD
ARENTEIRO, grande para sempre.
O futbol e unha pasión, moitas rapacas e rapaces aínda o ven so
dende a grada dun campo de futbol como pode ser Espiñedo ou por
televisión, e temos que conseguir que esa pasión sexa calzando unhas botas
e saltando ao campo, e CD ARENTEIRO, será o instrumento que se porá a
disposición para crecer de forma saudable e con criterios e valores de
igualdade entre mulleres e homes.
Recorreremos colexios, para animar a todas as rapacas a que
practiquen deste proxecto, que conta co apoio institucional do Concello e
para o que xa se pode facer unha prescipción dende a paxína web do club,
www.cdarenteiro.es