O Camiño Miñoto Ribeiro avanza en accións de promoción coma un vídeo ou un libro

IES CHAMOSO LAMAS

A directiva da asociación do Camiño Miñoto Ribeiro mantivo unha nova reunión de traballo, neste caso no concello do Carballiño. Este encontro foi unha asamblea ordinaria, na que se puxeron sobre a mesa temas coma un vídeo promocional que está en proceso de creación, ou as distintas reunións mantidas co conselleiro de Cultura.

En canto á legalización deste trazado do camiño, seguen en marcha os trámites administrativos. Cultura e Patrimonio da xunta nomeou a un comité de expertos que traballa no seu análise a través da documentación xa presentada por parte da asociación.

A próxima parada da que están pendentes é a realización do camiño por parte dos mozos de Europa, que xa conforman un grupo de cincocentos, e que comezarán o seu percorrido en Braga, pasando por esta variante.