“As obras da variante do Ave xa están na cidade de Ourense grazas ao impulso do goberno central de Sánchez tras superar desplantes e ataques PP”, destaca o Psdeg-Psoe

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En vindeiros días tamén darán comezo as obras da circunvalación norte de Ourense, cun investimento de 29,3 millóns e un prazo de execución de dous anos e medio

Ourense, 5 de abril de 2022. As obras do último tramo da liña ferroviaria de alta velocidade (LAV) entre Madrid e Galicia xa chegaron á cidade de Ourense. Grazas ao “sólido impulso e o compromiso inquebrantable” do Goberno central presidido por Pedro Sánchez e tras superar os “incontables desplantes e ataques do PP durante un lustro”, que quixo suprimir esta infraestrutura clave para toda a comunidade galega, os traballos de execución da plataforma “avanzan a bo ritmo desde hai semanas”, nas contornas dos núcleos de Seixalvo e Taboadela, confirman desde o PSdeG-PSOE.

O último tramo desta liña ferroviaria obtivo a declaración de impacto ambiental en 2011, gobernando o PSOE e ata o regreso dos e das socialistas á Moncloa foi agochado nun caixón polos conservadores. Permitirá completar a LAV, mediante un novo trazado de 16,9 quilómetros de dobre vía, atravesando os municipios de Tabodela, San Cibrao e Ourense e accedendo á estación da terceira cidade de Galicia polo leste, tras cruzar Montealegre mediante un gran túnel e os ríos Lonia e Miño con novos viadutos.

O trazado en obras supón o 50 % da lonxintude total. Arrinca antes da estación de Taboadela e inclúe, entre outras estruturas, un gran túnel ne Rante de 3,4 quilómetros e viadutos como o de Mesón de Calvos (408 metros); o do regueiro de San Benito (108 metros) e outro de 356 metros para salvar o cruzamento coa estrada N-525 e o río Barbaña. Tamén se executará en Seixalvo unha conexión da plataforma de alta velocidade coa liña convencional.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Obras da circunvalación norte

En vindeiros días tamén darán comezo as obras da circunvalación norte de Ourense, cun investimento de 29,3 millóns e un prazo de execución de dous anos e medio. O trazado desta autoestrada –unha das obras máis demandadas da historia da capital– terá a súa orixe no enlace ‘Ourense norte’ da A-52 e finaliza en Quintela, onde conectará coa N-120 á altura de Tarascón. A execución deste primeiro tramo de 1,7 quilómetros e doble calzada inclúe estruturas singulares como dous viadutos: un sobre a N-120 e a liña férrea a Vigo e outro sobre o río Porto.

Os e as socialistas tamén confirman que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) traballa na próxima licitación do segundo tramo desta autovía, rematando o trazado entre Quintela e o enlace da Casilla, onde conectará coa N-525, a N-120 e a futura autovía A-56.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------