Mañá, o concello do Carballiño celebrará sesión plenaria. Estes serán os puntos do día

Mañá, mércores 6 de abril, a corporación do concello do Carballiño reúnese en sesión plenaria. Os principais puntos da orde do día son unha modificación de crédito. Dende o grupo de Espazo Común aseguran que se destinará a pagar unha débeda de 240.000 euros interposta pola Confederación por verquidos ó Carrás. E os demais puntos correspóndense con mocións da oposición.

Espazo Común presentará en tódolos concellos nos que ten presencia unha moción de repulsa á decisión de Pedro Sánchez con respecto ao Sáhara. E tamén levan outra moción sobre o parque empresarial compartido con Maside, e os problemas que aseguran que haberá ca captación de auga, algo que o alcalde asegura que non presenta problemas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Partido Popular presenta unha moción para a cobertura de prazas en Atención Primaria enfocadas tamén ó novo centro de saúde. A outra moción é para que o concello do Carballiño dea publicidade aos contratos menores que celebre. O BNG demanda do concello o arranxo das instalacións da Galiña Azul.

Para o próximo pleno, previsiblemente a mediados deste mes, levaranse a debate os orzamentos para o 2022. Serán unhas contas cunha estrutura similar ó pasado ano, superando os 10 millóns de euros.