O BNG ven de pedir acceso ao expediente de adxudicación da xestión integral da Praza de Abastos da Ponte para verificar o cumprimento do prego

IES CHAMOSO LAMAS

Desde a formación nacionalista queren coñecer os pormenores do procedemento ante as moitas dúbidas existentes e relativas á capacidade da única oferta presentada

Despois de que no día de onte a mesa de contratación encargada de adxudicar a xestión integral da Praza de Abastos número 2 da Ponte decidise outorgarlle tres días á única oferta presentada para a corrección de erros, ao BNG resúltalle chamativo que de entre as eivas detectadas non figure ter experiencia no sector.

HIPER MASIDE

E é que como ben lembran os nacionalistas, no prego de prescripcións técnicas, concretamente na cláusula cuarta relativa á capacidade de obrar dos licitadores e a solvencia do empresario, figura que “será requisito así mesmo, para poder presentar oferta, que a finalidade ou actividade do licitador teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos Estatutos ou regras fundacionais e se acredite debidamente”.

No BNG temen que neste caso ao igual que acontece co contrato para o subministro de autobues e tal e como denunciou a propia formación nacionalista a semana pasada, a mesa decida admitir a licitadores pese a non estar o suficientemente acreditado o cumprimento de algún dos requisitos do prego.

Estes son os motivos polos que o Grupo Municipal do BNG ven de solicitar acceso ao expediente de adxudicación da Praza de abastos da Ponte, co obxectivo de clarificar as moitas dúbidas existentes neste momento sobre o proceder e sobor de todo, sobre a idoneidade da única oferta presentada para o exercicio de dita explotación.

Sen querer prexulgar, no BNG temen que ante a posibilidade de que a adxudicación quede unha vez máis deserta e polo tanto o alcalde quede unha vez máis en evidencia xa que no seu día afirmou que no momento en que el gobernase a praza estaría funcionando en 90 días, o concello decida adxudicar a explotación da Praza a única oferta presentada nesta ocasión aínda que sexa incumprindo o prego no tocante a ter experiencia previa no sector.

lembran igualmente no BNG que xa no seu día a Intervención Municipal amosou a súa disconformidade tanto coa cantidade fixada para o canon anual, 28.903 euros, como no relativo á duración da concesión administrativa que lembremos, elévase aos 8 anos cando o normal é que sexan 5.