A Xunta inviste preto de 120.000 euros nas obras de restauración da igrexa de San Pedro de Moreiras, no concello de Toén

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 18 de abril de 2022. – O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Toén, Ricardo González, as obras na igrexa de San Pedro de Moreiras nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir 119.645,57 €, e que terá un prazo máximo de execución de 4 meses.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial puxo en valor a aposta decida pola conservación do noso patrimonio histórico-cultural, por iso, “dende a Xunta queremos manter vivo o legado dos nosos antepasados”. “Froito da nosa historia -continuou Gabriel Alén, as nosas crenzas, as nosas vivencias e ensínanos o que fomos, outórganos identidade. Ensínanos de onde vimos e permite coñecernos mellor como sociedade e individuos e, xa que logo, axúdanos a entender os problemas do presente e prever os do futuro”.

Gabriel Alén tamén lembrou que a finais de 2020 a Xunta fixo unha intervención na igrexa por importe de preto de 96.000 euros para solucionar as patoloxías estruturais na cuberta da nave principal e eliminar as filtracións de choiva.

As actuacións previstas que se desenvolverán nestas igrexa, ben pertencente ao Catálogo do Patrimonio Cultual de Galicia consistirán na limpeza e consolidación da coroación dos muros e realización de traballos de cantaría necesarios para o asento e fixación da nova estrutura; a montaxe do entramado estrutural( pares, limas, correas…) en madeira laminada de abeto de clase resistente GL24h; a colocación de panel illante de cuberta tipo sandwich ( dobre taboleiro aglomerado hidrófugo e illamento) con lámina impermeable ao auga e permeable ao vapor (Lámina impermeable transpirable tipo Tyvek); tella cerámica curva tomadas con espuma sobre plancha de fibrocemento granonda, colocada con ganchos de aceiro inoxidable e sistema de ventilación en cumio e aleiro; a execución de canlóns de zinc, limas e baixantes.

Tamén se levará a cabo a realización dunha gabia perimetral con tubería drenante de diámetro 160mm recheo de grava en cota inferior á cimentación do muro;  construíranse arquetas a pé de baixantes para recollida das augas pluviais, e farase unha conexión da rede drenante e recollida de pluviais á rede de saneamento existente augas abaixo

En canto á impermeabilización do muro de fachada o proxecto contempla a realización da limpeza e retirada do revestimento de morteiro existente, así como reparación e consolidación do soporte se fose necesario; a execución de recrecido de morteiro de cal para colocación de impermeabilizante monocapa no adherido de lámina de caucho sintético EPDM, recrecido de morteiro de protección de lámina impermeabilizante e babeiro de chumbo para protección de testeiro; e o revestimento con pavimento de granito de 6cms abuxardado colocado a tope.