X certame literario de microrrelatos convocado polo Casino Cultural e recreativo de O Carballiño.

IES CHAMOSO LAMAS

O Casino convoca un concurso de microrrelatos con motivo da celebración do seu  LVIII Aniversario.

BASES:

HIPER MASIDE

1. Participación

a) Poderán concursar todos os socios/as que o desexen.

b) As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha

autorización do pai, nai ou titor/a legal.

2. Sobre os textos/microrrelatos

a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e

inéditos.

b) O tema dos microrrelatos é libre.

c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.

d) As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído)

3. Normas sobre o envío de textos

a) Os microrrelatos presentaranse no correo electrónico casinodeocarballiño@gmail.com

b) No caso de que a persoa concursante sexa menor de idade, deberase

incluír a autorización do pai/nai ou titor/a legal no apartado específico.

c) Os relatos recibidos sen identificación ou con identificación incompleta

quedarán automaticamente eliminados do concurso.

4. Período de presentación

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do

martes 19 de abril ata as 23:59 horas do sábado 30 de abril de 2022.

5. Categorías

Establécense tres categorías:

Infantil: ata 11 anos (con data de 30 de abril de 2022)

Xuvenil: de 12 a 17 anos (con data de 30 de abril  de 2022)

Adultos/as: de 18 anos en adiante (con data de 30 de abril de 2022)

6. Premios

a) Distribuiranse tres premios, un por cada categoría.

Infantil

– Un único premio económico de 75€

Xuvenil

– Un único premio económico de 100€

Persoas adultas

– Un único premio económico de 150€

7. Xurado

a) Haberá un xurado para a categoría de infantil , a categoría xuvenil

e  para a categoría de adultos. Será publicado antes de que remate o prazo de entrega dos traballos.

b) O xurado terá facultades plenas para decidir as persoas gañadoras e

a súa decisión será inapelable. Poderá declarar deserto algún dos

premios se así o considera.

c) O xurado reserva para si o dereito a non admitir aqueles microrrelatos

que atenten contra os dereitos á intimidade, á honra e á propia imaxe de

terceiros ou que conteñan, a modo enunciativo pero non limitativo,

connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias, comentarios

obscenos, difamatorios ou calquera outros que atenten contra a

dignidade e/ou a orde pública.

8. Comunicación do resultado do certame

a) A decisión do xurado darase a coñecer a través das redes sociais do Casino e por correo electrónico os socios e participantes.

b) A entidade organizadora fará entrega dos premios nun acto

presencial. En caso de que a situación sanitaria non o permita, os premios

serán enviados ás persoas gañadoras por correo postal. As persoas

premiadas deberán facilitar previamente unha copia do seu DNI para

verificar os datos.

9. Publicación

a) A organización do certame publicará os microrrelatos gañadores  a través das redes sociais.

b) Coa participación no certame, os/as autores/as autorizan a organización

do certame, sen contra-prestación ningunha e de maneira expresa, a

reproducir (total ou parcialmente), comunicar publicamente (total ou

parcialmente) e distribuír (total ou parcialmente) os seus microrrelatos

en calquera forma ou soporte, para todo o mundo e no prazo que autorice

a lexislación vixente. A organización respectará, en todo caso, os dereitos

morais que os/as autores/as posúan sobre as súas obras.

10. Tratamento de datos persoais

En cumprimento do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de

Protección de Datos de Carácter Persoal (“LOPD”) e o Real Decreto 1720/2007,

de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da

LOPD, os datos das persoas participantes serán incorporados a un ficheiro

responsabilidade de Casino de O Carballiño, coa única finalidade de xestionar os premios

desta promoción e de contactar coas persoas gañadoras. En ningún momento se

empregará esta información para ulteriores promocións.

Os autores e autoras poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,

oposición e cancelación mediante escrito ao correo electrónico casinodeocarballiño@gmail.com ou no enderezo Tomás Mª Mosquera, 6, O Carballiño 32500.

O Casino  comprométense a tratar en todo momentos seus datos de carácter persoal de forma absolutamente confidencial e de acordo coas finalidades previstas nas presentes bases.

11. Observacións

a) A organización do certame ten a capacidade de decidir sobre a

interpretación das bases en última instancia ou sobre a súa modificación

en caso de erro sendo a súa decisión inapelable.

b) O feito de participar neste certame implica a total aceptación das súas bases.