A Deputación recibe do Goberno central 422.165 máscaras cirúrxicas con fecha de caducidade entre o 11 e o 14 de xuño de 2022

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A institución provincial recibiu esta partida o 28 de abril e, unha vez realizada a clasificación por concellos, comezou hoxe o reparto de forma urxente

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, lamenta profundamente a situación: “Estas máscaras estiveron gardadas durante meses nun almacén, no peor momento da pandemia, cando eran tan necesarias para os servizos sociais dos concellos e os colectivos máis vulnerables. E chegan agora dun xeito masivo, a un mes de caducar”

Rosendo Fernández sinala o mal uso de fondos públicos e a falta de planificación por parte do Goberno: “Este é outro exemplo máis da súa xestión errática, que tanto dano está a causar aos veciños e ás contas públicas” 

Cumprindo co rol de intermediación entre Goberno e municipios, a Deputación garante o reparto máis áxil posible para que poidan ser usadas canto antes

Esta achega de máscaras cirúrxicas sextuplica a máis grande enviada ata o de agora polo Goberno central á Deputación de Ourense -63.500, en decembro de 2021-

A Deputación de Ourense recibiu do Goberno central unha partida de 422.165 máscaras cirúrxicas con fecha de caducidade, segundo o lote, entre o 11 e o 14 de xuño de 2022. A institución provincial recepcionou este material o 28 de abril e, unha vez realizada a clasificación por concellos segundo o porcentaxe poboacional, comezou esta mañá o reparto de forma urxente. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, lamenta profundamente esta situación: “Estas máscaras estiveron gardadas durante meses nun almacén, no peor momento da pandemia, cando eran tan necesarias para os servizos sociais dos concellos e os colectivos máis vulnerables. E chegan agora a Ourense dun xeito masivo, a pouco máis dun mes de caducar”. 

O vicepresidente primeiro da Deputación sinala o mal uso de fondos públicos e lamenta a “falta de planificación” do Goberno central: “Este é outro exemplo máis da súa xestión errática, que tanto dano está a facer aos veciños e as contas públicas”. 

Reparto urxente entre todos os municipios da provincia 

A Deputación garante o reparto máis áxil posible do material santiario, cumprindo co seu rol de intermediaria entre o Goberno central e os municipios da provincia, tendo en conta a dificultade de xestionar e distribuír este volume de máscaras con tan escaso marxe de validez -apenas un mes antes da fecha de caducidade-, e tendo en conta a dispersión xeográfica que presenta a provincia de Ourense. 

Esta achega de máscaras cirúrxicas sextuplica a máis grande enviada ata o de agora polo Goberno á Deputación de Ourense -63.500, en decembro de 2021-.