Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense na xornada de patrimonio monumental organizada por Partenalia

Xornada de Partenalia sobre o patrimonio monumental a desenrolar no Museo Etnográfico Provincial de Leon "Museo dos poblos leoneses". Asisiten Manuel Baltar (Presidente de Partenalia), Eduardo Morán Pacios (Presidente da Deputación de León), Carlos Bielsa (Vicepresidente da Deputación de Valencia), Grzegorz P. Kubalski (Director da unión de provinicias polacas), Pablo López Presa; Ionel Arsene, Marc Bastín, Nicolás Reynés, Bartolomé Nofuentes, Luca Menesini (Presidente da provincia de Luca - Italia) entre outros participantes da xornada.
IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Deputación de Ourense tamén reivindicou no encontro de traballo, celebrado no Museo Etnográfico de León, a importancia desta rede europea de gobernos intermedios: “Partenalia é unha idea de éxito e un punto importante na construción europea, ofrecendo unha interlocución directa coas altas instancias comunitarias”

O presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, recoñeceu ante os medios de comunicación o traballo de Manuel Baltar ao fronte de Partenalia: “Está a poñer en valor as administracións locais e intermedias en Europa, liderando proxectos comúns”

OZOCOgz Deseño Galego

Manuel Baltar interveu esta mañá no Museo Etnográfico de León, en Mansilla de las Mulas, na apertura das xornada sobre o patrimonio monumental organizada por Partenalia, a rede europea de gobernos intermedios para a cooperación territorial liderada polo presidente da Deputación de Ourense. 

Nesta xornada, que contou coa presenza de políticos de administracións públicas intermedias e expertos europeos en turismo, Manuel Baltar estivo acompañado, entre outros, polo presidente da Deputación de León, Eduardo Morán; o vicepresidente da Deputación de Valencia -e vicepresidente de Partenalia-, Carlos Bielsa ou o presidente da rede de gobernos provinciais de Polonia, Grzegorz P. Kubalski. 

Manuel Baltar remarcou a importancia desta xornada para “poñer en valor o modelo da Deputación de Ourense, o modelo da planificación, da programación, do Camiño de Santiago, o noso potencial termal, agora, sen dúbida, potenciado pola conexión co AVE coa capital do estado en pouco máis de dúas horas”. E resaltou o peso específico de Partenalia -“unha idea de éxito admirada en toda Europa e un punto importante na construción europea”- nun momento como este, de captación dos fondos Next Generation e do marco financeiro plurianual, no que esta rede europea ofrece unha “interlocución directa” coas altas institucións comunitarias. 

Baltar valorou a importancia do traballo en rede, na liña do executado nas organizacións europeas que preside, como Partenalia, a European Historical Thermal Towns Association (EHTTA) ou a Confederación Europea de Poderes Locales Intermedios (CEPLI), da que é vicepresidente: “Estas xornadas son vitais para intercambiar experiencias, para aprender uns dos outros, para ver o que se está a facer en Europa, para comprobar a vangarda”.

Tamén sinalou como este encontro reivindica o traballo realizado en Ourense: “Aquí temos a capacidade de ver como desde Ourense estamos marcando un camiño interesante que é copiado noutros gobernos. Este é o momento de turismo, de patrimonio, arquitectura, cultura, e unha provincia como a nosa, a piques de implementar o programa de Destino Turístico Intelixente, é unha grandísima noticia compartir cos colegas europeos a nosa boa forma de gobernar”. 

O presidente da Deputación de León destaca o liderado de Manuel Baltar en Partenalia

O presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, recoñeceu na súa intervención ante os medios de comunicación o liderado de Manuel Baltar ao fronte de Partenalia: “Poñendo en valor as administracións locais e intermedias, liderando estas posicións en Europea, a través de proxectos comúns ou prantexando a necesidade de xestionar directamente os fondos comunitarios”. 

Na primeira parte da xornada en Mansilla de las Mulas intercambiáronse boas prácticas vencelladas á promoción e xestión de lugares turísticos e os seus monumentos históricos -especialmente os que se atopan en zonas rurais- nun contexto de pospandemia no que o turismo sitúase como unha ferramenta imprescindible de recuperación económica. 

O coordinador de Partenalia, Nicolas Reynès, disertou sobre o “Patrimonio monumental: unha oportunidade de desenrolo do turismo de proximidade. Dentro dunha xornada que combinou relatores presenciais e por videoconferencia interviron, entre outros, o mencionado Grzegorz P. Kubalski; o deputado de Cultura da Deputación de León, Pablo López; o presidente do distrito de Neamt (Rumanía), Ionel Arsene; o deputado provincial de Brabant-Wallon (Bélxica) Marc Bastin; o alcalde de Quart de Poblet e asesor de fondos europeos da Generalitat Valenciana, Bartolomé Nofuentes ou o presidente da provincia de Lucca (Italia), Luca Menesini. 

A segunda parte do programa xirou arredor da “Promoción e visibilidade do patrimonio monumental no ámbito rural”, contando coa participación de expertos europeos no eido do turismo, a promoción do patrimonio monumental e o desenrolo rural. O programa da mañá completouse cun debate entre os participantes moderado por Reynès, xirando arredor da necesidade de aumentar o poder de atracción dos turistas e como blindar o máximo recoñecemento institucional e visibilidade da riqueza patrimonial dos territorios europeos, fondamente integrados na identidade comunitaria.