A exposición “Ao redor do universo Beatle” suma centos de visitas de escolares

Visita á Expo sobre os Beatles, alumnos do CEIP Amadeo Rodrigez Barroso de Ourense (Os Rosais).

Cincuenta nenos do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso coñeceron esta mañá no Marcos Valcárcel a mostra, considerada a mellor realizada en España sobre o mítico grupo de Liverpool

A exposición “Ao redor do universo Beatle” segue sumando visitantes, converténdose tamén nun atractivo para as visitas de centos de escolares. Esta mañá coñeceron a mostra cincuenta nenos de 5º de Primaria do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, dentro da trintena de clases de colexios e institutos que xa teñen axendada a súa visita guiada á exposición, aberta no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 12 de xuño. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Os escolares e profesores contan no Marcos Valcárcel coa guía de Tatiana Feijóo, que adapta o formato da visita a “Ao redor do universo Beatle” segundo a idade dos rapaces: “A receptividade que estamos a ter nesta exposición é marabillosa, a verdade é que os nenos saen encantados”. 

A mellor exposición adicada aos Beatles en España

Esta mostra ten sido definida como a mellor exposición realizada en España arredor dos Beatles. Reúne cerca de 300 pezas procedentes de distintas coleccións particulares que se mostran ao público en diferentes ambientes, recreando momentos imprescindibles na traxectoria do grupo, dende a icónica cama de Lennon e Yoko Ono ata a súa estadía na India, ademais dos libros e revistas. 

Inaugurada durante a Ourense ICC Week, esta exposición coincide no Marcos Valcárcel co Alpinche e coa mostra “O amante do papel”, que reúne debuxos e gravados de artistas referentes da historia da arte coma Picasso ou Dalí e que se inaugura esta tarde.