A Asociación de Pulpeiros e O`Potiños colaborarán no evento “Pon unha foto na rúa”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O evento “Pon unha Foto na Rúa”, que organiza o colectivo cultural O`Potiños e colabora o Concello do Carballiño, foi presentado esta mañá. Estivo tamén presente o presidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Jesús Pereira, entidade que colabora este ano con este evento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este ano, o fondo destas 200 fotografía será vivo. Está é a colaboración entre asociacións. Haberá unha carpa este próximo domingo na Praza Maior, na que estarán cocendo o pulpo e onde se realizarán as fotos, dende as 11:00 horas ata as 14:30 horas, e todos os que se fagan a fotografía poderán degustar o pulpo.

A outra parte desta colaboración consistirá en O’Potiños axudará á Asociación de Pulpeiros na parte fotografía da súa nova páxina web, na que queren reinventarse e amosar todo o seu potencial.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, animou a todos a participar neste evento como broche a un mes de maio cultural e asegurou que a colaboración entre asociacións permite seguir crecendo como ata o se agora.

Para rematar, unha invitación, a que todo o mundo se achegue e se anime a participar. Nos días posteriores as fotografías serán reveladas e entregadas ó seu fotografiado.