Tiruleque presenta un novo Circuíto Galego de Teatro Amador, nos meses de xuño e xullo

O concello do Carballiño aoclleu esta mañá a rolda de prensa da presentación dun novo Circuíto Galego de Teatro Amador 2022, organizado polo grupo carballiñés Tiruleque.

O presidente de Tiruleque, Pepe Prada, agradeceu as colaboracións que fan posible estes circuítos e o seu asentamento despois deste anos complicados. Estivo acompañado por dous membros do grupo, Lidia Almonte e Florindo González.

AVANTAR ACTIVIDADES

A programación contará o 4 de xuño con Teatro Atrezo, ca obra “Balneario A Condesiña”; o 19 de xuño, con Teatro Fauna 13, ca obra “Os veciños do lado”. Falounos un pouco máis delas Lidia Almonte, membro do grupo Tiruleque.

O 2 de xullo, con Falcatrueiros de Monterroso e a súa obra “Clowncertazo”, e para rematar, Tiruleque Teatro, con “Soutelo Enterprise”. As actuacións serán no Auditorio Manuel María, todas elas ás 20:00 horas, cun custe de 3 euros.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou a importancia do teatro na programación cultural do Carballiño, e a súa aportación con humor e animación despois desta pandemia.