Esta mañá tivo lugar no concello do Carballiño a presentación da celebración do Día Do Medio Ambiente que organiza a administración. Para celebrar esta data, realizarán cos máis pequenos un obradoiro que consistirá na construción dun refuxio para insectos polinizadores, plantación de aromáticas e xogos. Este obradoiro será o día 3, na Alameda, pola tarde.
A concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto, foi a encargada de explicar hoxe como desenvolverán estas actividades, que non terán límite de aforo e están destinadas ós máis pequenos. A concelleira animou a todos a participar e aprender máis do medio ambiente.