A secretaría provincial de migracións do Psdeg-Psoe informa de que os retornados de Alemaña xa están a recibir os impresos para solicitar a pensión básica

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o 1 de xaneiro de 2021 está vixente en Alemaña o dereito á coñecida como Grundrente, a maiores da pensión oficial de xubilación que reciben da seguridade social alemá os preceptores de pensións

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luís Gulín sinala que “non hai que facer ningunha solicitude expresa, é a propia seguridade social alemá a que, segundo os datos que dispón de Alemaña e España, selecciona aos beneficiarios

A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa de que o colectivo de emigrantes retornados de Alemaña xa están a recibir os impresos para solicitar a pensión básica. Os socialistas ourensáns continúan coa súa tarefa de asesoramento aos colectivos de emigrantes retornados e informando de novidades con respecto a declaración da renda.

Dende a área de migracións do PSOE ourensán indican que dende o 1 de xaneiro de 2021 está vixente en Alemaña o dereito á coñecida como Grundrente (pensión básica), a maiores da pensión oficial de xubilación que reciben da seguridade social alemá (Deutsche Rentenversicherung) os preceptores de pensións xermanas. Os socialistas informan que “ese dereito a un suplemento de puntos de remuneración por afiliación de longa duración da pensión de xubilación e só para aqueles que cumpran dous requisitos básicos”. Estes requisitos son ter un mínimo de 33 anos cotizados, sexa en Alemaña, ou en Alemaña e España á vez, e que os ingresos de solteiros, viúvos e divorciados non superen os 1250 euros mensuais e no caso dos casados sou parellas de feito os 1950 euros ao mes.

O secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín, explica que “non hai que facer ningunha solicitude expresa”, xa que tal e como afirma “é a propia Deutsche Rentenversicherung a que, segundo os datos que dispón entre Alemaña e España, selecciona ás posibles persoas beneficiarias”. Tal e como indica o máximo representante da área de migracións dos socialistas ourensáns “estas persoas reciben uns impresos trilingües, en alemán, español e portugués, de 16 páxinas, onde hai que acreditar, entre outros requisitos, os ingresos dos anos 2019 a 2021”.

Gulín tamén sinala que a Deutsche Rentenversicherung “comunicará posteriormente se a persoa é beneficiaria dese suplemento e cal é dita cantidade, sendo o pago de carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro de 2021”. No caso dun suplemento de, por exemplo, 50 euros mensuais a maiores, percibirían 600 euros do ano 2021, máis os meses pendentes do 2022. O secretario provincial de migracións lembra que ese suplemento “entre na declaración da renda española e no chamado cálculo do 5 por cento á Facenda alemá”.

A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense tamén subliña que aqueles retornados que “están debaixo do límite dos 14.000 euros anuais, pode ser que cos atrasos a percibir desde o 2021, véxanse obrigados a realizar a declaración da renda do ano fiscal 2022 para o ano próximo”. Os propios impresos dan tamén a posibilidade de non responder as preguntas, marcando a opción de non querer expor os ingresos e renunciando ao dereito de percibir o suplemento ou pospor esa información para máis adiante, dado que os ingresos superan os límites establecidos.

PUBLICIDADE