Jorge Pumar destaca a implicación das administracións “á hora de reforzar a confianza da cidadanía nos gobernos locais”

O deputado de Turismo e Innovación da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participou hoxe en Pontevedra na reunión do consello de goberno da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá (RED), órgano da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)

Na convocatoria aprobouse a incorporación á rede de novos asociados. “Xa somos 270 as entidades locais que formamos parte deste órgano, representando a máis de 25 millóns de persoas e traballando para responder á crecente concienciación social sobre a importancia da transparencia nas políticas públicas”

AVANTAR ACTIVIDADES

Jorge Pumar lembra a importante responsabilidade da Deputación de Ourense nesta materia: “Esta institución é a máis transparente dos 52 gobernos provinciais de España, somos referencia por ser a primeira en crear un área de Transparencia e Bo Goberno e Manuel Baltar lidera a clasificación de presidentes de gobernos provinciais máis transparentes”

O deputado de Turismo e Innovación da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participou hoxe en Pontevedra na reunión do consello de goberno da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá (RED), un órgano da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que ten por obxectivo promover as políticas de transparencia e participación cidadá na vida pública. Esta foi a primeira xuntanza que se celebra de xeito presencial e fóra de Madrid trala pandemia, escollendo como escenario o Pazo Provincial da Deputación pontevedresa.

Tralo remate da convocatoria, Jorge Pumar destacou a implicación das administracións públicas “á hora de reforzar e incrementar a confianza da cidadanía nos gobernos locais”, o que se puxo de manifesto na reunión aprobando a incorporación á rede de novos asociados. “Xa somos 270 as entidades locais que formamos parte deste órgano, representando a máis de 25 millóns de persoas e traballando para responder á crecente concienciación social sobre a importancia da transparencia nas políticas públicas”.

A Deputación de Ourense ten unha importante responsabilidade nesta materia, subliñou Jorge Pumar, “pois esta institución é a máis transparente dos 52 gobernos provinciais de España, liderando un ranking no que se reflicte o cumprimento de ata 184 indicadores”. Ademais, lembrou, “somos referencia por ser a primeira Deputación en crear un área de Transparencia e Bo Goberno e o presidente Manuel Baltar lidera, a súa vez, a clasificación de presidentes de gobernos provinciais máis transparentes”.

Na orde do día da reunión e xunto coa incorporación de novas entidades locais, no consello de goberno da RED presentouse un informe sobre a recompilación de achegas que está a facer un grupo de traballo con motivo da reforma da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno, no marco do IV Plan de Goberno Aberto 2020-2024, aprobado en outubro de 2020 e que recolle dez compromisos a asumir polas administracións para reforzar a transparencia e maila rendición de contas, mellorar a participación, establecer sistemas de integridade pública, e formar e sensibilizar á cidadanía e aos empregados públicos.

A RED acordou ademais a súa participación no VII Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto que se celebrará do 28 ao 30 de setembro próximos en Cartaxena (Murcia) e onde se exporán os logros dos oito grupos de traballo constituídos neste órgano da FEMP.