Accidente en Toén

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Accidente de tráfico no Concello de Toén.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Medios no punto bombeiros Carballiño, bombeiros GES Ribadavia, protección civil de Toén, Garda civil de Tráfico e 061 urxencias Médicas.

NOTA da Garda Civil de Tráfico

Ás 06:25 horas de hoxe, no km 2 da estrada OU-0518, no termo municipal de Toén, produciuse a saída da vía dun turismo e choque contra o peche dunha leira con posterior caída por desnivel e envorco sobre o lado dereito.
O condutor, que se atopaba ferido leve, negábase a saír do vehículo e increpaba aos servizos de emerxencias cando trataban de auxilialo.

O equipo de atestados do Subsector de Tráfico de Ourense, investigouno como autor dun delito contra a seguridade viaria, quedando emprazado para comparecer #ante a autoridade xudicial, cando sexa requirido.

Resulta que, en ambos os casos, as compañías aseguradoras poderán repetir contra senllos titulares das pólizas de seguro, podendo solicitarlles o reembolso das cantidades que teñan que adiantar polos danos ocasionados polos vehículos cuxos condutores #lanzar resultados positivos en alcol e/o drogas.