Segue activo un incendio forestal en Ribadavia, que alcalza 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Ribadavia, parroquia homónima.

O lume orixinouse ás 22,11 h. de onte na zona da Barcia, entendéndose á Franqueirán e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 4 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas e 1 pa.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.