O psdeg de Tóen denuncia o “catastrazo” do pp, co único fin de recadar “cartos a esgalla”, sen ter en conta a “grave” situación económica pola alza dos prezos

IES CHAMOSO LAMAS

s e as socialistas afirman que esta é unha “chapuza” máis do goberno municipal, que actualiza agora o Imposto de Ben e Inmobles para 2022, pero que pretende cobrar recargo dende o ano 2018

A voceira do PSdeG, María Alida Iglesias, fai fincapé no “enfado” da veciñanza ante unha situación que lles suporá un “gran desembolso económico, nun momento no que moitas familias están pasando por unha situación caótica provocada pola subida dos prezos”

OZOCOgz Deseño Galego

Toén, 15 de xullo de 2022. O PSdeG-PSOE de Toén denuncia o “catastrazo” do goberno municipal do Partido Popular, co único fin de recadar “cartos a esgalla” dos veciños e veciñas do municipio, sen ter en conta a “grave” situación económica que están a padecer moitas familias debido a crise provocada pola guerra de Ucraína e a subida dos prezos. Os e as socialistas afirman que esta é unha “chapuza” máis do PP municipal, que actualiza agora o Imposto de Ben e Inmobles para 2022, pero que pretende cobrar recargo dende o ano 2018, o que suporá un desembolso “desorbitado” para á veciñanza no recibo, que se pasará o vindeiro mes de agosto.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista de Toén vén de solicitar un pleno extraordinario para debater esta situación e no que piden que se cobre neste 2022 a actualización, pero nunca con carácter retroactivo dende 2018, como pretende facer o Partido Popular. Os e as socialistas pídenlle ao goberno municipal “sensibilidade ante a situación que estamos a padecer por mor da crise económica” e salientan que “a veciñanza está moi enfadada, xa que non se lles informou do carácter retroactivo desta modificación do IBI, polo que agora se atopan coa sorpresa de que terán que pagar nalgúns casos ata case 1.800 euros de recargo, sumado o importe de 2022, co que terán que abonar máis de 3.000 euros nun único pago”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Toén, María Alida Iglesias Gil, fai fincapé no “enfado” da veciñanza ante unha situación que lles suporá un “gran desembolso económico, nun momento no que moitas familias están pasando por unha situación caótica provocada pola subida dos prezos”. A edil socialista reclámalle ao goberno municipal que “actualice o IBI, pero sen efectos retroactivos, xa que non é ético pretender cobrar agora cartos, cando o PP non fixo os deberes no seu día ao non actualizar o IBI cando o tiña que ter feito”.

María Alida Iglesias explica que no seu momento “mandáronse as revisións en tempo e forma, pero non informaban que ían vir reclamando importes dende o 2018, polo que a veciñanza síntese estafada”. Neste senso, destaca que ademais da actualización do IBI, “tamén se produciron cambios nalgunhas fincas que pasaron de rústicas a urbanas, co seu aumento nos recibos, pero tampouco se informou que se ía a proceder a cobrar un recargo dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021”.

Os e as socialistas de Toén cualifican esta circunstancia como unha “auténtica chapuza, que vén a demostrar as graves neglixencias do goberno municipal do Partido Popular”. Dende o PSOE de Toén acusan ao PP de “dar as costas á cidadanía en plena crise económica e de só preocuparse por recadar cartos para as arcas municipais, sen importar as circunstancias sociais e económicas”. Aproveitarán o pleno extraordinario para pedir tamén que no caso de aprobarse dito “catastrazo” se permita realizar un fraccionamento do pago en 4 mensualidades “para aliviar a contía económica a que os veciños e veciñas terían que facer fronte nun único pago”