Intervención de Carlos Ledo ao recibir o premio Insua dos Poetas en representación de Fetega

IES CHAMOSO LAMAS

O pasado sábado e durante o transcurso da Festa da Palabra entregaranse os premios Insua dos Poetas 2022, que recoñecen a labor cultural en sete modalidades diferentes. Este ano, o xurado decidiu premiar ó escritor Ramón Caride -literatura-; ó arqueológo, historiador e secretario da Academia de Belas Artes de Galicia, Felipe Senén López Gómez -en investigación e promoción cultural; ó músico e fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero -música-; ó Festival de Teatro Galego (FETEGA) “Celso Parada”; á crítica de arte e curadora de exposicións Pilar Corredoira -artes plásticas-; ó membro do Grupo Nós da Arxentina, fundador e expresidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén -cultura na emigración-; e ó programa da TVG “Cos pés na terra” -cultura rural-. 

Os sete gañadores recibiron unha peza orixinal do escultor Acisclo Manzano, recentemente galardoado coa Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

HIPER MASIDE

O colectivo Brais Pinto, defensores da cultura galega no franquismo

A XIV edición da Festa da Palabra recoñece a Brais Pinto como un actor decisivo na construción cultural da Galicia contemporánea, a través de proxectos e accións culturais que alimentaron un espazo clave de reflexión e activismo cultural, primeiro no franquismo e despois na democracia. 

O colectivo creouse en 1958 arredor de nove galegos residentes en Madrid, todos eles estudantes universitarios ou traballadores preocupados pola situación de Galicia. Entre eles estaban nomes referenciais da cultura galega do século XX como os ourensáns Xosé Luis Méndez Ferrín (Ourense, 1938); Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben-Cho-Shey” (Ourense, 1896 – Madrid, 1988); Bautista Álvarez (San Amaro, 1933 – Beariz, 2017) e Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 – A Coruña, 2015). Ademais, completaban o grupo Bernardino Graña (Cangas, 1932); Ramón Lorenzo (Ames, 1935); Reimundo Patiño (A Coruña, 1936- A Coruña, 1985); Xosé Alexandre Cribeiro (Pontevedra, 1936 – Pontevedra, 1995); Herminio Barreiro (Sanxenxo, 1937- Santiago, 2010)  e César Arias (Ribas de Sil, 1932 – Madrid, 2021)