- activase o nivel cero do plan de emerxencias municipal de Ribadavia e declarase a situación de alerta por seca.
Comunicase dita activación á axencia galega de emerxencias, á delegación da xunta de galicia en Ourense e á xefatura provincial de protección civil.

- intentaremos continuar mentres sexa posible co mesmo horario de apertura de auga na rede.
debido ao empeoramento da situación do depósito, a pesar dos traballos de subministro e recuperación día e noite, que continuarán, desde a empresa aqualia recomendan reducir a apertura da rede a unha única franxa horaria ao día.
O consumo de auga ronda os 500.000 litros en cada apertura, o que significa que sae máis auga da que entra. apelamos ao consumo responsable nas horas de abastecemento.
- así mesmo, establecéronse máis de 25 puntos de reparto de auga en todo o municipio: depósitos fixos na rúa para que os veciños poidan recoller auga. ao longo do día iranse colocando máis para chegar a máis xente.
o uso da auga destes depósitos é para uso doméstico. aínda que procede da rede potable non é potable. usos de hixiene e limpeza. - vaise intentar manter o mesmo horario de apertura mentres sexa posible. sendo probable que se reduza a unha única franxa horaria, en función da situación diaria do depósito. somos conscientes que onte á noite houbo dificultades na rede. daremos cumprida información ao respecto, coa antelación que se poida.
- desde hoxe temos autorización para coller auga no río avia e miño, e trasladar auga en camións cisternas ata o depósito.
grazas á nova instrución da chms e da xunta, que autorizan a captar auga directamente nos ríos, desde o concello estase a reforzar desde hoxe o transporte de auga ao depósito desde os ríos.
recordamos que desde o martes estivemos levando auga desde a captación do concello de Beade, e desde hoxe tamén está colaborando o concello de Carballeda de Avia.
continuaremos levando auga ata o depósito ata conseguir recuperalo.
- recordamos que se comezaron os primeiros traballos para a captación/ bombeo provisional de auga de río avia, obras complexas que consisten en establecer un sistema de tubaxes de máis de 2 km salvando unha importante pendente de ata 200 metros.
a situación é grave e require medidas extraordinarias. agradecemos o gran esforzo de todos os veciños.
reiteramos a petición de axuda e colaboración de todas as administracións. non poden deixar soa a ribadavia.
queremos agradecer unha vez máis a colaboración do concello de Beade, de Carballeda de Avia, e ao camión da Deputación que leva tres días traballando con nós.