A Garda Civil de Ourense detivo o pasado 25 de outubro a un veciño de Pereiro de Aguiar como presunto autor dun delito de secuestro. A operación Talipo comezou en maio cando un veciño de Cortegada denunciou que dúas persoas se lle achegaron preto da súa casa e puxéronlle grilletes, identificándose como policías locais, e meteuno contra a súa vontade nun vehículo.
Cando se atopaba no interior do vehículo puido recoñecer a un dos agresores que foi detido en maio como veciño de Ribadavia. Na denuncia relata que o ameazaron cunha pistola esixindo o pago dunha suposta débeda. Despois levárono a unha zona do monte de San Benito onde o golpearon e o deixaron abandonado.
Os autores están acusados dos delitos de detención ilegal, lesións e usurpación de funcións públicas. A Garda Civil continúa coas investigacións para esclarecer a posible débeda. Tanto a vítima como o agresor tiveran rifas no pasado.