Hoxe pola maña ( as 12:30 h ) a Corporación Municipal encabezada polo Alcalde Paco Fumega fixo o recibimento oficial ao Arenteiro tras gañar a Copa Federación.
Co presidente Argimiro Marnotes o frente e acompañado por xogadores, corpo técnico e outros directivos, foi o salón de actos do Concello o marco onde tiveron lugar as intervencións de Silvia Baranda ( concelleira de deportes ) o alcalde Paco Fumega e o presidente do Arenteiro Argimiro Marnotes.

Silvia tuvo un recordo para aqueles siareiros significativos que xa non estan con nos.
Todos os intervintes puxeron de manifesto a importancia do éxito deportivo ao conquerir o titulo da Copa Federación por ser a primeira vez que unha vila o consigue en España.
Coincidiron tamén que o éxito consiguese pola unión que hai entre xogadores, técnicos, directiva e afección.

Posteriormente os xogadores sairon ao balcón do Concello para dirixirse aos afecionados que en bo número estaban na praza maior.
Tomaron a palabra o capitan Aléx Fernández e o entrenador Fran Justo que agradecerón aos siareiros o apoio continuo que lle dan ao equipo.