O deputado galego José Antonio Armada e o PSD portugués coinciden en cualificar o Cumio Ibérico de “silencio enxordecedor para a Eurorrexión”

Esta semana, durante os encontros celebrados no marco da iniciativa ‘Sentir Portugal’ en Ponte de Lima

O deputado galego José Antonio Armada e o PSD  portugués coinciden en afirmar que o Cumio Ibérico celebrado a semana pasada en Viana do Castelo mantivo un “silencio enxorcedor” para a Eurorrexión no que se refire ás conexións Portugal-Galicia e moi especialmente sobre a necesidade de mellorar autoestrada que une Vale do Lima e Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta mellora vense reclamando desde hai máis dunha década e, de feito, este mesmo verán os alcaldes dos catro municipios do Vale do Lima, a Mancomunidade Intermunicipal do Alto Miño e catorce alcaldes galegos, así como o deputado popular José Antonio Armada asinaron un manifesto no que esixían ás administracións a realización desta obra “á maior brevidade posible” fundamental para a conexión fronteiriza.

Trátase dunha conexión que constituiría un factor de desenrolo para ambos países desde un punto de vista comercial, pero tamén no que se refire ao aumento da competitividade. O seu acondicionamento permitiría o acceso aos corredores viarios e ferroviarios que impulsarían a economía da Eurorrexión.