Rosendo Fernández recibiu no Pazo Provincial a unha delegación de políticos mexicanos do “think tank” do PRI

Rosendo Fernández (Vicepresidenta da Deputación Ourense) recibe a unha delegación de politicos mexicandos do PRI (Partido Revolucionario Institucional) en visita de formación a Deputación Ourense.

 O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recibiu no Salón de Plenos do Pazo Provincial a unha delegación de políticos mexicanos do Instituto Jesús Reyes Heroles (IRH), o “think tank” do partido PRI. 

Entre o grupo de 16 altos cargos que estiveron con Rosendo Fernández atopouse o secretario de organización do IRH, Alberto Lugo, ou Aldo Argueta, presidente da Asociación Nacional de Regidores de México. No Pazo Provincial tamén estiveron varios alcaldes mexicanos e directivos do propio IRH.

AVANTAR ACTIVIDADES

O obxectivo do encontro no Pazo Provincial foi, segundo explican dende o IRH, “coñecer o goberno provincial máis transparente de España e o seu modelo de xestión”, así como avanzar en futuras liñas de colaboración. 

Rosendo Fernández (Vicepresidenta da Deputación Ourense) recibe a unha delegación de politicos mexicandos do PRI (Partido Revolucionario Institucional) en visita de formación a Deputación Ourense.

O IRH é un instituto de formación política que impulsa, explican, “a todas e todos aqueles interesados en capacitarse, a adquirir novos coñecementos e ferramentas necesarias para converterse en políticos profesionais”. Este instituto traballa en colaboración coa Escuela Internacional de Gobierno do Instituto IMC, dirixido por Eladio Jardón, “unha innovadora iniciativa de formación presencial que conecta a cargos públicos de diferentes países nun programa de alto rendemento académico en España e Portugal”.