– a ampliación dos bonos para electricidade e calefacción.
Chega o frío e o dilema para moitas familias, este inverno máis ca nunca, vai ser canto se poderá acender a calefacción.
Desde hai moito tempo os consumos de enerxía poñen en graves dificultades a actividade das nosas pequenas empresas e comercios.
Mentres o prezo da electricidade afoga economías domésticas e empresas, as eléctricas reparten beneficios multimillonarios.
– a restitución da Tarxeta Básica creada para axudar cos gastos básicos de comida e de produtos de hixiene a miles de familias con apenas ingresos.
Nestes momentos en que a suba do prezo dos alimentos está disparada, a Xunta debe restablecer a tarxeta básica co fin de paliar as urxencias das persoas que máis o necesitan e que viron agravada a súa situación pola forte inflación.
– a prórroga da bonificación dos carburantes que, en principio, rematará o 31 de decembro.
Son moi poucas as posibilidades que temos na nosa comarca para poder aparcar o vehículo particular e subir a un transporte público á hora de desprazarnos no día a día. Non temos alternativa de mobilidade polo que nas comarcas rurais a bonificación ten que ser prorrogada.
– a creación dunha tarifa eléctrica galega.
Non pode ser que a luz teña o mesmo prezo en todo o Estado de xeito que galegas e galegos soportamos a ocupación de ríos e montañas para producir electricidade, de montes e terras para as liñas de alta tensión que a transportan e non temos ningunha compensación, mentres que esa mesma electricidade permite operar a empresas e negocios de todo tipo a centos de kilómetros de distancia co mesmo prezo que nós pagamos.
Ademais, mentres o prezo da electricidade afoga economías domésticas e empresas, as eléctricas reparten beneficios multimillonarios.
Saúdos cordiais.
Maite Rodríguez, portavoz municipal, 617957213
Cada vez son máis as persoas con dificultades económicas agravadas pola crecente carestía dos produtos básicos. É deber dos poderes públicos a atención a esta problemática, polo que presentamos esta moción que se debaterá no pleno de hoxe xoves 24 para que o concello de Ribadavia demande unha serie de medidas fundamentais para os vindeiros meses: