Completado o curso organizado pola Deputación de formación en prototipado “maker”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O salón de actos do Marcos Valcárcel acolleu a entrega de diplomas aos alumnos que superaron o curso de “Formación en Prototipado con la Fabricación Digital”, nun acto que contou coa presenza do deputado Jorge Pumar. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta iniciativa forma parte do proxecto “Emprende Makers”, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa INTERREG V A España – Portugal  (POCTEP) 2014 – 2020.

A Deputación de Ourense, como organizadora da formación, ten impulsado unha serie de accións dirixidas a reforzar o coñecemento das posibilidades das TICs e as “tecnoloxías maker” tanto como instrumentos de xeración de solucións innovadoras e creativas, como de accións formativas específicas no campo do emprendemento, onde se lles ofreceu aos alumnos diversas ferramentas de traballo para a xestión empresarial -dirección estratéxica, xestión de persoas, marketing ou finanzas-, facendo tamén especial fincapé nas diferentes posibilidades e ferramentas de acceso á financiación, á internacionalización e aos mercados exteriores. 

O curso tivo lugar entre os meses de febreiro e setembro deste ano, cunha duración de 125 horas, participando nel máis de medio centenar de alumnos de Galicia e o norte de Portugal. Como resultado do curso desenvolvéronse unha serie de ideas que cristalizaron en varios prototipos, sendo mostrados no acto algúns dos máis destacados.