O Cine Club trae para este Nadal dous ciclos de cine

Este Nadal, como xa ven sendo tradicional os últimos anos, organizan un pequeno ciclo de tres películas dirixidas aos máis cativos, e non tanto. Empezaremos o día 27, martes, coa proxección do que posiblemente foi o filme de animación mellor desta tempada, Encanto, gañadora do Oscar e dos Globos de Ouro ao mellor filme de animación, entre outros moitos. Considerada pola crítica como a mellor producción de Disney dende fai anos, cun excelente diseño visual e unha magnífica banda sonora. Un filme perfecto para ver en familia. Continuaremos o día mércores 28 con outra película norteamericana de animación, Clifford, el gran perro rojo, dirixida sobre todo aos máis pequenos da casa. E pecharemos o ciclo o xoves 29 cunha estrea recente, a película de animación luxemburguesa,  Ícaro y el minotauro, que nos achega a coñecida historia da mitoloxía grega dun xeito lúdico e divertido. Todas as proxeccións serán no auditorio Manuel María do Carballiño en horario de 18:00 horas, e a entrada terá un custo de 3 euros. 

Esta próxima semana, os días 27, 28 e 29 teremos no Auditorio Manuel María do Carballiño un ciclo adicado ao cine galego documental máis recente, coa proxección de tres películas. O martes día 27 contaremos coa presenza do equipo de realización para presentarnos Cidade da selva, crónica cinematográfica da última fronte de batalla da guerra civil española, centrándose nos últimos fuxidos nos montes de Casaio, onde intentaron resistir coa esperanza dunha intervención aliada no noso país. A súa historia rematou de forma cruenta a máns da garda civil franquista no ano 1946.O mércores día 28 teremos a última película de Marcos Nine, A virxe roxa, que pasou con grande éxito pola pasado festival de Ourense (OUFF). No ano 1933, Aurora Rodríguez Carballal matou a tiros á súa filla, Hildegart, que aos seus 18 anos era xa unha das intelectuais máis destacadas da época da República. A partir da súa historia, Marcos Nine consigue submerxirnos na atmósfera dunha época clave da nosa historia recente. O filme gañou o premio Mestre Mateo 2022 ao mellor documental.E pecharemos o ciclo o xoves día 29 coa presenza de Aser Álvarez, director de José Velo, 50 anos despois, filme no que analiza a figura deste revolucionario galego que se fixo famoso por secuestrar o navío portugués Santa María para chamar a atención sobre as dictaduras de Franco e Salazar. Aser móstranos que aparte da súa militancia antifascista, Velo foi tamén un poeta e ensaísta, editor, fundador dunha libraría e sobre todo un loitador infatigable por unha sociedade máis xusta e democrática. Todas as proxeccións serán ás 20:00 horas. Todos aqueles socios colaboradores de Teaming do cine club Carballiño terán a entrada gratuíta. 

AVANTAR ACTIVIDADES