O concello de Ribadavia insiste en arranxar o edificio do antigo matadoiro

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Ribadavia solicitou de novo a subvención da Xunta de Galicia destinada a concellos para a mellora e corrección de impacto paisaxístico convocadas polo Instituto de Estudos do Territorio.

Este proxecto xa fora presentado o ano pasado a Xunta e Deputación, sen atopar resposta positiva por parte destas administracións para rehabilitar este edificio histórico. Sen resposta por parte da Deputación provincial, nin deste nin de outros proxectos de rehabilitación da zona monumental presentados polo Concello de Ribadavia en 2021 e 2022.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

O Orzamento do proxecto proposto e solicitado polo Concello ascende a máis de 30 mil euros, sendo a axuda da Xunta á cal optamos de 20 mil euros, mentres que o Concello poría 10.000 euros. A intención da rehabilitación do antigo matadeiro é mellorar a imaxe dun edificio situado nun lugar emblemático, e ao mesmo tempo dotar ao concello dunha nova sala de usos múltiples para os veciños e as asociacións do municipio.

O proxecto inclúe a realización dunha nova cuberta, a limpeza e reparación da fachada, e restauración da carpintaría exterior.

Consideramos que sería un investimento moi necesario e xusto, e un paso importante para comezar a revalorizar toda a zona da marxe esquerda do río Avia ao seu paso polo centro histórico de Ribadavia.

Ademais desta mellora, na zona do barrio de San Francisco estase actualmente realizando a mellora da ponte de ferro, de estilo Eiffel, que atravesa o río Avia e a zona monumental de Ribadavia, polo que a recuperación do edificio do antigo Matadeiro viría a completar o comezo da recuperación desta zona de Ribadavia.