A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a futura residencia de ASPADISI

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe o novo centro residencial de Aspadisi. Actualmente proseguen as súas obras de construción a bo ritmo, co obxectivo de en dous meses poder comezar o seu funcionamento.

Nesta visita estiveron presentes membros da directiva de Aspadisi e familiares do centro, así como as entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, concello do Carballiño e tamén a empresa Cer&Ber. Tamén recibiron infinidade de pequenas aportacións tanto de empresas como de particulares.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense puxo hoxe en valor o traballo feito por Aspadisi a prol da inclusión e comprometeu a súa colaboración sempre para manter viva a súa labor.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, describiu este día como especial, despois do difícil que foi o proceso burocrático para desbloquear os terreos onde se ubica o centro. Tamén asegurou que este concello traballará sempre para axudar a ASPADISI.

Fabiola García destacou o traballo que realiza esta asociación do Carballiño e puxo en valor a necesidade de apoio para todas as familias que o conforman, a adaptarse á necesidades.

Esta futura residencia de ASPADISI é un dos dez centros ocupacionais galegos beneficiarios desta última liña de axudas por valor de 13 millóns de euros, recibindo deles 655.000 euros. A conselleira de Política Social, Fabiola García, comprometeu o apoio da Xunta por seguir construíndo servizos e mellorando servizos, destacando o apoio para a actualización salarial dos seus profesionais ou a liña de subvencións para a compra de vehículos adaptados.