Os alcaldes dos concellos que forman parte da Asociación do Camiño Miñoto-Ribeiro reuníronse esta mañá no concello do Carballiño. O motivo principal foi informar por parte do seu presidente, e alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, das novidades sobre o camiño. Ademais, tamén se puxeron enriba da mesa os avances do CSIC, o instituto encargado dos traballos para a legalización deste trazado.