A Opinión dos veciños e veciñas: “Sobre o proxecto da Rúa Ourense”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

ESCRITO DOS VECIÑOS DA RÚA OURENSE

Diante dos continuos anuncios por parte do alcalde do Carballiño xunto ao Presidente da Confederación Hidrográfica Miño sil, relativos as obras tan necesarias para a mellora da Rúa Ourense, somos moitos veciños os que nos sentimos molestos e ofendidos xa que non contento o alcalde con engañarnos, mentirnos e humillarnos durante os últimos anos con contínuas promesas e compromisos, agora ademáis pretende utilizarnos electoralmente con todo tipo de supostas firmas e fotos. Os veciños e veciñas non imos permitir que nos utilicen de caras os vindeiros comicios municipais con fins partidistas e electoralistas, polo que nos vindeiros días manteremos unha xuntanza para ver como procedemos, estando enriba da mesa a posibilidade de presentar unha queixa diante da Valedora do Pobo, ademáis de enviarlle un escrito ao propio alcalde para pedirlle un pouco de respete e que non faga electoralismo con este proxecto, xa que ten que comprender que somos moitos os veciños e veciñas que xa non confiamos na súa palabra.

Por último, destacar que para os veciños e veciñas da Rúa Ourense, os seus propietarios e o pobo do Carballiño en xeral é un proxecto moi necesario e útil por tratarse dunha das entradas principais da vila, polo que o que precisamos e necesitamos é que se fagan realidade as inversións e menos fotos, anuncios e protocolos propagandísticos.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------