Esta mañá, Eladio Fernández, concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, presentou á que será a número dous na lista de cara ás eleccións do vindeiro mes de maio: Belén González Caldas, quen asegurou que está xa a disposición de todos os veciños para conseguir un cambio.
Ademais, hoxe tamén presentou as accións máis destacadas do seu Programa Electoral. Ambos destacan unha maior cobertura de servizos sociais, implementar un Plan Xeral de Ordenación para regular a edificación e impulsar o emprego, todo iso sumado a potenciar a banda ancha para atraer a xente nova.