Día da Terra// comunidade activa: edición río

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comunidade Activa: Edición Río é unha actividade de carácter interxeracional pensada para que toda a comunidade do Ribeiro colabore, conxuntamente, no coidado da súa contorna a través da recollida de plásticos e residuos que se atopan na zona do río Avia, en concreto en Ou Muíño. Non se trata só unha actividade de recollida de residuos sen máis senón que, o que se propón é concienciar ás persoas da importancia do seu papel na sociedade, así como potenciar o seu sentimento de pertenza á comunidade e o respecto á súa contorna. Para iso, propoñemos a recuperación e mantemento da zona de Ou Muíño, en Ribadavia, para que no verán todos podamos gozar da mesma.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este proxecto pretende ser un claro exemplo de como con pequenas achegas todos podemos contribuír a facer do noso planeta un lugar máis sostible e forte. E así, sumarnos a outros proxectos e accións europeas que comparten nosos mesmos obxectivos como, por exemplo os Programas Europeos de Erasmus Plus e o Corpo Europeo de Solidariedade que manteñen, entre os seus compromisos coa sociedade, o coidado e o respecto polo planeta tal e como se recolle nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

En consonancia con iso, esta actividade pretende formar aos seus participantes dunha maneira lúdica e informal sobre a importancia de reducir o noso impacto na natureza, así como en métodos para contribuír ao coidado do medioambiente e a reciclaxe.

Será necesaria a inscripción previa (antes das 13:00 da mañá do xoves 20 de abril de 2023), a tavés do correo electrónico omix.ribadavia@gmail.com (facilitando teléfono de contacto, nome e apelidos e idade da persoa participante).

O punto de encontró será o Muiño de Ribadavia, visible desde a Ponte da Foz (https://goo.gl/maps/FSVkkiA26WpjmRpj6) ás 11:00 da mañá.