Ribeiro en Común reclámalle á Deputación unha solución para o campo de fútbol do Xestal como promotora da obra.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O último Pleno ordinario da lexislatura abordará unha nova iniciativa de Ribeiro en Común, que presenta unha Moción para reclamar un informe independente sobre o Campo do Xestal, solicitado en maio do 2022 á Deputación, fai case un ano, sen resposta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común reclama un informe independente sobre o Campo do Xestal, solicitado en maio do 2022 á Deputación, fai case un ano.

Un informe de maio de 2022 promovido polo Concello de Ribadavia indica que o problema do campo pode estar no tipo e características da area (diámetro e granulometría), así como na porcentaxe de caucho e area existente no terreo de xogo.

Así mesmo, oConcello sinalou no seu día que o informe de avaliación debe ser realizado por unha empresa independente con autorización da FIFA para emitir certificados. Algo que a Deputación nunca realizou.

Por todo isto, Ribadavia reclámalle á Deputación que lle responda ao Concello e ao Consello Municipal de Deportes, xa que este escrito do Concello solicitando documentación á Deputación, só foi respondido polo ente provincial remitindo un escrito da propia empresa privada que executou a obra do campo, obviando unha vez máis calquera informe independente.

A día de hoxe, e case catro anos despois da súa construción pola Deputación, aínda non se coñece que empresa subministrou o céspede / moqueta de herba sintética, nin tampouco que empresa procedeu a súa colocación.

Desde Ribeiro en Común sempre defendemos que esta parte da obra debera ser realizada por unha empresa especializada, e todo parece indicar que non foi o caso.

Por todo isto, Ribeiro en Común trae unha vez máis ao Pleno Municipal esta problemática orixinada na obra do novo sintético do Xestal, que case 4 anos despois continúa sen unha solución definitiva. Así, aínda que actualmente o campo non mostra unha imaxe tan negativa como no inverno de 2020, a solución dista moito de ser definitiva.

Tendo en conta o informe de maio de 2022 promovido polo Concello de Ribadavia no que se indica que o problema do campo pode estar no tipo e características da area, o seu diámetro e granulometría, así como na porcentaxe de caucho e area existente no terreo de xogo.

Por estes motivos, instamos Á Deputación Provincial de Ourense a adopción dos seguintes acordos:

1. Que a Deputación de Ourense, como promotora da obra, realice un informe independente sobre a situación do Campo de fútbol do Xestal, informe de avaliación que debe ser realizado por unha empresa independente con autorización da FIFA para emitir certificados.

2. Que a Deputación de Ourense proporcione información por escrito sobre que empresa subministrou o céspede – moqueta de herba sintética, e que empresa procedeu a súa colocación.