Marta Nóvoa ponse a disposición dos seus veciños “para loitar por San Cibrao, medrar e mellorar a calidade de vida de todos”
- A secretaria xeral do PPdeG definiu a Marta Nóvoa como “unha candidata á altura dos seus veciños” e, asegurando que “chegou o momento de que demostre do que é capaz”, amosouse convencida de que a partir do 28 será tamén “unha alcaldesa da que os cibrenses poderán sentirse orgullosos”
- Paula Prado quixo agradecer ao actual alcalde, Pedro Fernández, os seus 12 anos “dedicado en corpo e alma aos seus veciños e a xestionar desde a estabilidade, o rigor, a solvencia e o sentidiño”
- “Calquera que coñeza a Marta Nóvoa sabe que é unha persoa chea de enerxía e ilusión por dar o mellor de si mesma, que xa vén aprendida, que sabe o que é xestionar, que tivo ao mellor mestre e ten agora ao mellor equipo posible para axudala a seguir mellorando San Cibrao das Viñas”, engadiu
- Para Paula Prado, a candidata popular é a mellor garantía de que “ese San Cibrao que creceu con Elisa Nogueira, que se consolidou con Pedro Fernández e que tanto ten aínda por ofrecer seguirá sendo un concello referente en Galicia”
- A número dous do PPdeG apuntou que “votar ao BNG é votar ao PSOE” na medida en que “sempre que poden deixan o seu nacionalismo de pancarta a un lado para branquear a Pedro Sánchez” e criticou aos candidatos socialistas que non sexan máis que “meros delegados do sanchismo en Galicia”
- “Por fortuna, os veciños de San Cibrao, como todos os galegos e unha gran maioría de españois, saben que outra forma de facer política é posible: a política do Partido Popular”, concluíu
MARTA NÓVOA SITÚA A CREACIÓN DE EMPREGO COMO UN DOS FITTOS DO SEU PROGRAMA ELECTORAL
- A cabeza de lista en San Cibrao resaltou o perfil de Pedro Fernández, actual alcalde e que a acompañará no número 2 da candidatura: “Pedro, resulta difícil resumir a túa labor ao fronte deste Concello, porque é infinita. Sen dúbida non puiden ter mellor mestre: traballador incansable, humilde, preocupado por buscar solucións para os problemas dos veciños de San Cibrao e, por riba de todo, moi boa persoa”
- Sobre o programa electoral, Marta Nóvoa situou como un dos fitos a creación de emprego: “San Cibrao das Viñas é o motor industrial da provincia de Ourense, con máis de 600 empresas e 12.000 traballadores, no que practicamente están representados todos os sectores produtivos. Unha boa economía industrial é básica para o mantemento do benestar social, e por iso continuaremos nesta nova andadura, apoiando a todo o noso tecido empresarial”
- “A cooperación entre administracións é clave, e en San Cibrao o sabemos. Por iso fomos capaces xunto coa Deputación e coa Xunta de facer importantes obras: aí está a conexión do Polígono coa A-52 coa Xunta, ou a colaboración coa Deputación na mellora das nosas instalacións deportivas”, salientou
- Nese sentido reclamou tamén colaboración ao Goberno central na construción da mellora da depuradora e da Estación de Mercancías para o polígono: “Ambas demandas seguen sen materializarse e son claves para San Cibrao”
- Nóvoa marcou como segunda prioridade a mellora dos servizos, tanto sociais como de infraestruturas: “Quero destacar o impulso que vamos a dar ao servizo de conciliación e, sendo prioritario a atención aos nosos maiores, o reforzo ao sistema de axuda no fogar”
- Dentro dos novos proxectos, “continuaremos coa construción de novos locais sociais, temos 11 e ampliaremos en novas zonas como Mioteira, Carballo, Valiñas ou Soutopenedo. Faremos novos parques infantís -en Rante, na Castellana e en Reboredo-. Ademais, crearemos unha Casa da Cultura en Soutopenedo, unha residencia de maiores en Reboredo e un pavillón de deportes en Ponte Noalla”
- “Hoxe o protagonismo total é para a nosa candidatura. Este gran equipo está integrado por veciños e veciñas de San Cibrao, coñecidos na súa zona, e que saben das necesidades e das fortalezas do noso municipio. Poñémonos á vosa disposición para loitar por San Cibrao, por medrar e para mellorar a calidade de vida de todos vós”, concluíu
LISTA COMPLETA DO PP DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS
- Marta Nóvoa Iglesias
- Manuel Pedro Fernández Moreiras
- Francisco Javier Cid Estévez
- Ana María Moreiras Vázquez
- Javier González Fernández
- Jorge Cid Salgado
- Mónica Prieto Dorribo
- Antonio Prieto Cid
- José Luis Montero Fernández
- Rosa González Rodríguez
- Severino Lage Blanco
- Vanesa Gallego González
- Montserrat Santás Cid
SUPLENTES
- Laura Balvís Fernández
- Miguel Freiría Colmenero
- Iago González Barandela