O Servizo de Dermatoloxía de Ourense recomenda a auto-exploración no cancro de pel

268 ourensáns foron derivados, por medio da vía rápida de melanoma, a unha consulta de dermatoloxía para descartar ou confirmar este diagnóstico -en 24 ou 48 horas- ante a detección dun lunar ou lesión sospeitosa por parte do seu médico de cabeceira. Este cancro de pel confirmouse en 61 persoas, posibilitando a súa operación antes dun mes.

No día mundial do Melanoma o Servizo de Dermatoloxía quere facer chegar unha mensaxe de concienciación e prevención, ante este cancro de pel que, ainda que pouco frecuente, segue a ser dos máis graves e está a aumentar progresivamente. Tras o aumento de casos podería estar o incremento da exposición ao sol, principal factor de risco desta patoloxía. Factores como os raios UV, os viaxes de “sol e praia” todo o ano, e unha deficiente protección da pel ou cun adecuado filtro solar fan que aumente a exposición e o risco.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademáis hai que ter en conta o risco que representa cara a saúde futura da pel as queimaduras solares na infancia, moi habituais no pasado, cando a información do seu perigo non estaba tan estendida, polo que os diagnósticos de melanoma son especialmente habituais naqueles nenos e nenas que hoxe teñen entre 40 e 60 anos.Para facer posible a detección precoz, o servizo de dermatoloxía pide colaboración á poboación, mediante a auto-exploración e consultando co médico de cabeceira calquera lunar ou lesión na pel “sospeitosa”, facilitando a así a apertura dunha vía rápida en caso necesario.

Para detectar estas sospeitas recomendan a regla do ABCDE:

  • Asimetría (se dividimos o lunar en dous, as dúas metades deberían ser semellantes, en cores e forma)
  • Bordes (cando estes son irregulares o lunar ten un maior risco de ser ou de facerse “maligno”)
  • Cor (un lunar con máis de 2 ou 3 cores ten un maior risco de ser “malo”)
  • Diámetro: (os lunares de máis de 6 mm considéranse de maior risco)
  • Evolución: este é probablemente o factor máis importante. Ante calquera cambio nun lunar (de tamaño, forma, cor, que pique ou sangue, no que apareza unha nova mancha, etc).