Os e as socialistas destacan, nun acto que desbordou o auditorio da vila, que con Paco Fumega e o seu equipo hai futuro no Carballiño

Foi nun ilusionante mitin no que tamén participaron a deputada, Marina Ortega; o secretario provincial e candidato en San Cibrao das Viñas, Rafa Villarino; e o secretario provincial do PSdeG-PSOE en Pontevedra e delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades

“O socialismo vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas comprometidas e gañadoras como a encabezada por Paco Fumega”, destacaron

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño, 25 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE vén de celebrar o acto central de campaña no municipio ourensán do Carballiño, onde os e as socialistas xa gobernan con solidez, traballo duro e responsabilidade desde hai anos. “O socialismo vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas comprometidas e gañadoras como a encabezada por Paco Fumega“, destacaron no acto tras de recordar a importancia de “consolidar” executivos municipais “fortes” como o carballinés, que permitirán “darlle a volta ao presente e ao futuro de todas as aldeas, vilas e cidades”.

Nun acto que desbordou o auditorio no que tamén participaron a deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega; o secretario provincial e candidato á alcaldía de San Cibrao das Viñas, Rafa Villarino; e o secretario provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra e delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, o candidato á reelección destacou a importancia de gobernar outros catro anos para que a vila continúe a crecer e progresar coa forza coa que o fai sempre que goberna o PSOE. “Da nosa man hai presente e hai futuro para O Carballiño, para toda a comarca e para toda a provincia de Ourense”, proclamou.