- O presidente provincial, Manuel Baltar, presidiu esta mañá a reunión do Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, que nomeu aos 25 membros do comité de campaña das vindeiras eleccións xerais
8, xuño, 2023. O Comité Executivo do Partido Popular de Ourense, reunido esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, nomeu aos 25 membros do comité de campaña, órgano encargado da organización dos actos que se desenvolverán enmarcados na convocatoria das eleccións xerais do vindeiro 23 de xullo.
“Activamos a maquinaria electoral do PPdeOU, a formación política máis importante da historia de Ourense, ante unhas eleccións xerais decisivas no futuro de España”, resaltou o presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, que incidiu na necesidade do “cambio de rumbo que representa Alberto Núñez Feijóo ante o completo desgoberno de Pedro Sánchez”.
“A mobilización será completa, porque o 23 de xullo nos xogamos moito. E o PPdeOU responderá como sempre: cun enorme traballo que culminará cunha gran vitoria electoral, que contribuirá a situar a un ourensán como Alberto Núñez Feijóo como próximo presidente de España”, recalcou Manuel Baltar.
O comité de campaña das eleccións do 23-X, integrado por vintecinco persoas, baixo a presidencia de Manuel Baltar, deseñará unha campaña electoral “próxima aos ourensáns, que coñecen perfectamente o que está en xogo e a capacidade de xestión, e o que pode supoñer, a chegada a La Moncloa de Alberto Núñez Feijóo”.
ACTO ESTE DOMINGO EN SANTIAGO
“Nestas eleccións xerais, o Partido Popular é a única garantía de estabilidade e progreso. Xa non hai máis espazo para experimentos nin desvaríos: o 23 de xullo, España recuperará o goberno que merece da man de Alberto Núñez Feijóo”, destacou o presidente provincial do PPdeOU, que asistirá este domingo, 11 de xuño, ao acto organizado polo PPdeG no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago, e que contará coa participación do presidente do PP e candidato ás eleccións xerais, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. “Esta cita -avanza Manuel Baltar- será unha nova demostración de forza do Partido Popular e un novo paso cara a victoria do vindeiro 23 de xullo”.
COMITÉ DE CAMPAÑA
A composición do comité de campaña é a seguinte:
- Responsable político do Comité de Campaña: Manuel Baltar
- Coordinadora da campaña: Ana Villarino
- Responsable de actos públicos: Jorge Pumar
- Responsable de actos sectoriais: Miguel Ángel Santalices
- Responsable de campaña de dirixentes nacionais: Miri Barreira
- Xerente da campaña: Luis Vergara
- Responsable de asesoría xurídica: Sonia Ogando
- Responsable de mailing: César Fernández
- Responsable do voto por correo: Pablo Pérez
- Responsable de interventores e apoderados: María Fe Dacoba
- Responsable de voto exterior/migrante: Ana Belén Vázquez
- Responsable de argumentarios: Lara Pérez
- Responsable de formación: Ana María F. Morenza
- Responsable de campaña de dirixentes autonómicos: Marta Nóvoa
- Responsable de mobilización electoral: Rosendo Fernández
- Responsable de coordinación comarcal: Gabriel Alén
- Responsable de NN.XX: Ignacio Campo
- Responsable de novas tecnoloxías e redes sociais: Jackeline Fernández
- Responsable de programa: Cristina Romero
- Responsable de transparencia: Ana Méndez
- Responsable de concellos rurais: Patricia Torres
- Responsable de organización: Miguel Ángel Michinel
- Responsable de igualdade: María Antonia Rilo
- Responsable de Ourense cidade: Manuel Cabezas
- Responsable de comunicación: Javier Rey