Leiro duplica os contaxios, pasando dos 3 de onte ós 6 de hoxe. Cinco concellos están libres de covid-19

Hoxe Leiro presenta o máximo da comarca do Ribeiro. Onte contaba con tres casos activos que duplicou hoxe, para contar con 6 positivos. Ribadavia presenta hoxe 4 casos activos, os mesmos ca dende o pasado martes. Cortegada mantén dous casos activos. Arnoia e Cenlle manteñen un caso activo cada un. Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Melón están libres de coronavirus.

Publicidade