A Deputación afonda na colaboración cos concellos para dar unha resposta máis áxil e eficaz ante situacións de emerxencia ou catástrofes

Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Rosendo Fernández (Vicepresidente 1º da Deputación de Ourense); César Fernández Gil (Vicepresidente 2º da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia do vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, aprobou unha proposta de cooperación cos concellos ourensáns avanzando no deseño dunha nova ferramenta que aposta por seguir afondando na colaboración interadministrativa, canalizando unha resposta aínda máis áxil e eficaz ante situacións de emerxencia ou catástrofes, desta volta enfocada nas necesidades dos concellos afectados polas recentes inundacións.

O deseño do plan EmergOU abrangue medidas coma aportar toda a maquinaria e persoal necesaria para a reparación das consecuencias dos danos sufridos; achegar os equipos técnicos de avaliación para estudar a petición de posibles axudas; un comité de traballo para analizar accións que mitiguen os efectos de futuras incidencias; e o estudo de liñas de axudas económicas extraordinarias. Esta iniciativa está perfilada co obxectivo de atender ás necesidades dos concellos e veciños dun xeito tan eficiente como coordinado co resto de administracións implicadas. 

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Nesta liña, a declaración aprobada hoxe pola Xunta de Goberno destaca que esta actuación súmase a outras iniciativas postas en marcha neste ámbito polo goberno provincial dentro da cooperación interadministrativa. Unha liña de traballo que suma fitos recentes coma a blindaxe do mapa de emerxencias, o plan da seca ou a colaboración directa con maquinaria e capacidade loxística na loita contra os incendios forestais.

Ademais desta proposta de cooperación local, a Xunta de Goberno tamén aprobou a concesión de case 305.000 euros en subvencións a concellos e entidades. Deste importe total, 47.000 euros irán destinados ao mantemento de parques e xardíns en Rairiz de Veiga; case 8.000 á adquisición dun vehículo eléctrico para o Concello de Monterrei; e o Club Ourense Baloncesto contará con 250.000 euros para tempada 2022-2023.