A escola de música da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia realizou o seu Festival de Fin de Curso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A escola de música da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia realizou onte pola tarde o seu Festival de Fin de Curso cunha ampla participación de grupos e alumnado.O numeroso público asistente gozou durante dúas horas dun variado repertorio interpretado por máis de 150 músicos que formaron parte das 13 agrupacións que actuaron neste festival.
Con case 250 alumnos, a escola de música segue medrando con alumnado desde os 3 ós máis de 80 anos que teñen os máis veteranos. A música tradicional, pezas clásicas e tamén actuais como Smoke on the water, soaron no patio do Colexio San Pío X de Mariñamansa para pechar un intenso curso 22/23. Grupos de pandeireta, bandas de música, guitarras, acordeóns ou os cativos de música e movemento mostraron ás súas familias e veciños do barrio o traballo realizado durante os últimos meses.
Co período de inscrición xa aberto, a Escola de Música e Cultura de Galicia prepara o curso 23/24 coa intención de seguir medrando.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO